sábado, 7 de abril de 2018

Sonámbulos homicidas: 5 casos insólitos de morte accidental


En todo o mundo existe unha gran cantidade de xente que padece sonambulismo; é coñecido o feito de que estas personas deambulan pola casa e en ocasións realizan accións complexas, e incluso tarefas do fogar, estando inconscientes, de forma automática.

Por norma xeral é un problema que pode resultar molesto e xerar confusións e sustos para quen o observa; no peor dos casos, a proximidade de fiestras o portas que dan á rúa pode levar a situacións perigosas.
Porén, nalgunhas ocasións as actividades que se levan a cabo son más estrañas: existen pintores que únicamente son capaces de crear en estado de sonambulismo, ou ben persoas que chegan a cometer crímes en dito estado, como violacións ou asasinatos. Neste último caso estamos falando de sonámbulos homicidas.

O sonambulismo

Antes de falar en profunidadede do  que supoñe un sonámbulo homicida, é necesario facer un breve repaso sobre qué é exactamente eso do sonambulismo.

O sonambulismo defínese como un trastorno do sono incluído dentro das parasomnias, ou trastornos da conduta durante o sono, que non altera a cantidade de sono e vixilia total. No caso do sonambulismo atopámonos con suxeitos que levan a cabo actividades motoras en estado de inconsciencia, xeneralmente durante a fases 3 o 4 de sono no REM. Estas accións xeralmente limítanse a levantarse e camiñar, ás veces incluso cos ollos abertos.

Trátase dun trastorno relativamente habitual na poboación, especialmente durante a etapa de desenvolvemento infantil. Prodúcese unha alteración nos ciclos do sono, concretamente entre o paso do sono no-REM ao REM. O sistema motor non se paraliza, como ocurriría na maioría dos casos, e o corpo actúa sen que a conciencia poida facerse cargo da situación.
Artículo relacionado: "Los 7 principales trastornos del sueño"

Do sonambulismo al homicidio

É neste contexto no que poden aparecer condutas anómalas. Isto débese a que o sistema motor está activo mentras que a conciencia só está-lo en parte co que poderían chegar a realizarse diferentes accións axenas á propia voluntad. E dependendo do caso esto podería xerar condutas violentas en persoas suxeitas a un gran estrés, frustración e que xeneren respostas agresivas.

Un sonámbulo homicida é aquela persoa que comete un homicidio nun estado non vixil: é dicir estando dormido. O suxeito non tendría conciencia da situación e esta sería axena á súa voluntad e control. Como ocorre na maoría de casos, o sonámbulo non recorda o sucedido posteriormente, aínda que pode conservar algunha imaxe fragmentada da situación.

Trátase dun fenómeno que non é moi frecuente, pero que técnicamente é posible (comprobáronse alteracións cerebrais durante o sono nalgúns suxeitos estudados) e de feito ocorreu en varias ocasións ao longo da historia (existindo máis de cinconta casos rexistrados). Ahora ben, é necesario reiterar que son casos moi poco frecuentes: a maioría de sonámbulos no cometen este tipo de actos e limítanse  a deambular.

Algúns sonámbulos homicidas coñecidos

A pesar de que pode parecer unha excusa utilizada para solicitar a inimputabilidade ou ser usada como atenuante nun xuicio, o certo é que existíron ocasións nas que se dictaminaron que un homicida actuaba dormido ou en estado de semiinconsciencia, resultando o suxeito declarado inocente. Algúns dos casos de sonámbulos homicidas que se rexistraron ao respecto  mostranse a continuación.

1. Robert Ledru

O caso de Robert Ledru é un dos máis antigos dos que se ten constancia. En 1887, este inspector xefe da policía francesa (considerado un dos mellores investigadores franceses do século XIX) foi enviado a investigar un asesinato ocurrido na playa de Le Havre. A vítima foi André Monet, que morrera dun disparo. Non se apreciaba ningún móvil evidente, e o suxeito non era coñecido na zona e conservaba encima todas as súas pertenencias.

A única pista que se encontrou ademais da bala (a cual pertenecía a un tipo de arma moi común na época) foi unha serie de pegadas cerca do corpo. Candool inspector  acercouse  pudo observar que en ditas pegadas apreciábase a falta de pulgar no pé dereito. Tras un momento no que pareceu asustarse, ordenou que sacaran un molde en yeso das pegadas, que posteriormente examinou. Tras dito exame comunicou que xa sabía quen era o asasino.




Unha vez na comisaría, Ledru entregouse: a mañá posterior ao asasinato sorprendérase ao notar que os seus calcetíns e roupa estaban húmidos, e tras analizar a escena do crimen observou que á súa arma faltáballe unha bala do mesmo calibre que la que acabó coa vítima. E o máis destacable:  faltáballe o pulgar do pé dereito, correspondendo ás pegadas achadas coa súa.

O inspector declarou non ter conciencia de cometer o crimen, realizado probablemente durante o sono. Porén, solicitou ser detido ao considerar que podería ser un perigo para a seguridade doutros cidadáns. Para comprobar este feito, decidiuse encerralo nunha celda cunha pistola con balas de fogueo. Unha vez o axente quedouse durmido, levantouse e empezou a disparar contra os gardas que o vixiaban antes de volver a tumbarse para seguir durmindo. Considerouse certo e decidiuse que pasaría o resto da súa vida recluido nunha granxa nos arredores, vixiado bao control médico.

2. Kenneth Parks

Un dos casos máis famosos e coñecidos é o de Kenneth Parks, en 1978. Este home, xogador compulsivo e con numerosas deudas, saliu da súa casa para coller o coche e ir á casa dos seus sogros. Unha vez alí, matou á súa sogra cunha barra e estrangulou ao seu sogro. Tras iso conduciu ata unha comisaría e entregouse. O suceso ten a particularidade de que durante todo o proceso, o suxeito  atopábase durmido.


Kenneth, que era sonámbulo desde facía moito tempo, foi analizado coa técnica da encefalografía e a medición das súas ondas de sono reflectiu que cambiaba de ciclos de sono de maneira rápida e brusca. Estando nun período de sono non profundo, puido cometer os actos sen ter conciencia real de levalos a cabo. Foi declarado inocente.


3. Simon Fraser

Outro caso coñecido é o de Simon Fraser, quen estando dormido soñou que unha criatura intentaba asesinar ao seu fillo. Aparentemente intentando protexelo, atacou á criatura, e pouco despois recobraríaa consciencia, para descubrir con horror que matara ao seu fillo, aplastado a súa cabeza contra a pared.

Fraser tiña un historial previo de actuacións violentas durante o soño; atacara ao seu pai e á súa irmá, e incluso autolesionárase mentres durmía. Nunha ocasión chegou a sacar á súa muller da cama polas pernas, ao soñar que había un incendio. Tras unha serie de estudos o suxeito foi finalmente considerado inocente e absolto, aínda que se estableceu que debía durmir separado doutras persoas nunha habitación pechada con chave.

4. Brian Thomas

Un caso máis de sonámbulo homicida encontrámolo en Brian Thomas, un home cun amplo historial de parasomnias que en 2009 estrangulou á súa esposa mentres durmía. Este británico estivera sometido a estrés, tras discutir cuns moxos nun momento en que el e a súa esposa estaban celebrando a conclusión dun tratamento contra o cancro. Tras acostarse, Thomas soñou cómo un dos xóvenes entraba na súa habitación e se situaba sobre a súa esposa, polo que se abalanzou contra o suposto xoven e pelexou con el. Pouco despois  despertaríase, para observar que durante o soño  matara á súa esposa. Foi declarado inocente.

5. Scott Faltar

Un caso dun presunto sonámbulo homicida atopámolo na figura de Scott Falater, quen en 1997 apuñalou hasta en 44 ocasións á súa esposa, tras o cal arroxaríala á piscina e gardaría o vestido manchado de sangue no coche. Tras ser detido, Falater non encontraba explicación aos actos que consideraba que en base ás probas debía haber levado a cabo él.

Un experto en trastornos do soño examinou ao homicida e dictaminou que podería ser posible que o autor dos feitos os cometese estando sonámbulo. Porén considerouse que as súas acciones foron excesivamente complexas para facerse estando durmido e sen planificación e tras ser declarado culpable foi condenado a cadea perpetua.

¿Causas?

Ante os exemplos que vimos, cabe preguntarse qué pode orixinar que unha persona mate a outra estando inconsciente.

O sonambulismo prodúcese por un desaxuste na activación e inhibición das diferentes rexións cerebrais que se van sucedendo ao longo das diferentes fases e ciclos do soño. Concretamente, o problema atópase na terceira e cuarta fase do soño (correspondente ao soño profundo de ondas lentas) e o posterior paso a fase REM. Pero as causas deste feito son descoñecidas.

Sí se coñece que o sonambulismo ten certa relación co  nivel de estrés psicosocial. En adultos, tamén pode aparecer ente trastornos mentais e orgánicos, ou como consecuencia do consumo de sustancias. Un factor que pode ter certa influencia á hora de alterar os patróns de soño e a presencia de factores como o estrés ou a depresión. Ademais, en case todos os casos de sonámbulos homicidas viuse cómo o agresor padecía ou padecera grandes niveis de estrés ou tensión e algún tipo de conflicto emocional previamente ao acto.

Pero o estar inconsciente non explica porqué nalgúns casos este sonambulismo acaba dexenerando en condutas violentas ou cómo pode chegar a xenerar un asasinato u homicidio. Especúlase que nestos casos o prefrontal pode encontrarse inactivo ou non rexir a conducta adecuada e a moral persoal, mentres que la amídala e o sistema límbico permanecerían activos e xerando a resposta agresiva.

Resultado de imaxes para homicida sonámbulo

A gran dúbida

 ¿Estamos ante casos reais de asasinatos cometidos de maneira inconsciente durante o soño, ou ante un intento de xustificar ou conseguir ser declarado inocente? Na maioría dos casos contouse coa asesoría de expertos no sono e os seus trastornos e realizáronse rexistros do soño para comprobar a posible existencia deste problema, así como o funcionamento cerebral durante o sono.

A resposta non é sinxela: como ocurre con outros trastornos mentais, tenese que ter en conta o nivel de conciencia do acusado no momento de cometer o crimen e se nese momento a súa afección xerou a súa conduta. Esto só se pode saber de forma indirecta, e cun marxe de error a ter en conta.

De feito, nalgúns dos casos citados houbo unha gran controversia: no caso de Brian Thomas, por exemplo, suscitou nalgúns expertos a dúbida de si realmente estaba inconsciente (estrangular a alguén require moita forza e unha situación de resistencia ou loita por parte da outra persoa), e a condena de Scott Falater que suscitou controversia ao considerar o experto que non estaba consciente pero que se aplicou debido á consideración do xurado de que os seus actos eran demasiado detallados como para ser realizados sen ningunha conciencia.





No hay comentarios:

Publicar un comentario