sábado, 21 de abril de 2018

Os efectos psicolóxicos do encarcelamento

 ¿Qué pasa na mente dos reclusos?

Esstar encarcelado e privado de  libertad provoca unhas consecuencias psicolóxicas importantes. Estas poden desenvolver unha cadea de reaccións e distorsións afectivas, cognitivas, emocións e perceptivas, todo  provocado pola tensión emocional dentro do ambiente penitenciario. 

A prisonalización

É unha variable  que interven na conduca dos reclusos. Proceso polo que unha persoa asume inconscentemente o código de conduta e valores da subcultura carcelaria como efecto de estar en contacto directo con esta.

Existe unha diferenciación entre unha prisionalización superficial, que é o mínimo necesario para que unha persona poida adaptarse ao ambiente carcelario, e unha profunda, que xa sería unha institucionalización. Esto ocorre cando as condutas e ideas adquiridas sobrepasan a individualidad do interno.

Por outro lado, existen factores que determinan o grado de prisionalización nos individuos:
  • Personalidade: falando de madurez, intelixencia emocional, capacidade intelectual, estabilidade, etc. 
  • Conxunto de circunstancias externas aeredor da persoa: frecuencia de reingreso, duración de estancia, tipo de delitos y expectativas tanto familiares como personales. 
  • Idade y nivel cultural: entendidas como as experiencias personais , coñecementos e capacidadese, respectivamente. Mentres máis experiencias, coñecemento e capacidades teña, hai mayor facilidade de adaptación. 

Os tipos de delincuentes

Outra clasificación acerca do grao no que afecta a prisonalización ten que ver co tipo de delincuente ao que se pertenza: 

1. Delincuente primario
É a súa primeira vez en prisión, manten condutas prosociais polo que se rehúsa a apegarse ao código carcelario. O encarcelamento é un gran impacto.
2. Delincuente ocasional
É un individuo que non ten problemas para vivir baixo as normas da sociedade, pero no momento que se da a oportunidade, comete algún delito. Normalmente trata de minimizar o acto e xustificalo.
3. Delincuente habitual
O crimen é como o seu estilo de vida; consideran que as actividades ilegais  danlles maior satisfacción que as legais. Xa están completamente familiarizados coas normas do cárcere. 

Poderíase dicir que a maior tempo de estancia en prisión, maior será o grado de prisionalización. Se ben esto pode ser certo, tamén inflúe  que o interno saiba que xa pronto saldrá do cárcere e regresará á sociedade. Así que pode empezar a recuperar valores e atitudes olvidadas ou no aplicadas dentro do cárcere, para prepararse para unha reinserción e recuperar a súa vida.

Os efectos psicolóxicos da estancia en prisión

Ahora, pasando aos efectos psicolóxicos dos internos, estos son os seguintes:
1. Ansiedade
O nivel no que ésta aparece depende das circunstancias nas que se dé o encarcelamento e da personalidade do suxeito en sí. Enfrentanse ao descoñecido.
2. Despersonalización
Perda da súa individualidade. E feito de que ao entrar a prisión, se lle sea asignado a un número, a eso se rebaixa a súa persoa. Ademais vólvese parte dun colectivo rexeitado pola sociedade. 

3. Perda da intimidade
Xurde pola convivencia forzada con outros internos. Teñen pouco ou nada de tempo para concentrarse en sí mesmos. Isto se agrava cando o ambiente é violento e a súa seguridade está en xogo. 

4. Baixa autoestima
Dase por non cumplir expectativas propias o defraudar a imaxe que un tiña de sí mesmo, e polo frito de estar encarcelado. Porén, hai moitos outros cuxa autoestima non se ve afectada negativamente, xa que se senten satisfeitos levando unha vida delictiva.

5. Falta de control sobre su propia vida
Dase a causa dunha certa imposibilidade de tomar decisións personais, familiares o sociais; sí pode haber unha marxe de decisión, mais o abanico de opcións non é grande. O que máis se ve limitado é o control do interno ante a evolución de acontecementos externos. Esta situación causa frustración.
6. Ausencia de expectativas
Hai poucas expectativas na vida do recluso máis alá do seu desexo de liberdade. As persoas están condicionadas por unha idea recurrente: todo o tiempo que se perdeu e a forma máis rápida de recuperalo.
7. Cambios na sexualidad
Pode haber frustracións por non ter as rutinas sexuais acostumadas, poden aparecer disfuncións e se pode bloquear o desenvolvemento normal dunha práctica adecuada.

A necesidade de comprender ao recluso

Requírse unha análise de antecedentes personais e de circunstancias vitais que haxan levado á persoa a cometer un delito para poder darlle un abordaxe terapéutico óptimo que tome en conta todolos aspectos da súa personalidade. Así se pode cumplir directamente o obxectivo da prisión: unha reeducación das carencias ou valores perdidos e unha posterior reinserción positiva á sociedade.

É fundamental que haxa intervención de calidaed por parte de profesionais, específicamente psicólogos, para favorecer a súa reinserción social. O ámbito carcelario pode afectar aos reclusos de gran maneira e é importante que, antes de que sexan liberados, recuperen a súa esencia positiva, reconstrúan valores e se reencontren con eles mesmos.

No é suficiente que se fagan propostas xenerais para abordar o tema, tense que ter un plan individualizado con cada un xa que teñen diferentes personalidades e necesidades. Aínda que sexan delincuentes, seguen sendo seres humanos.






No hay comentarios:

Publicar un comentario