Que é?
O duelo é un proceso que se leva a cabo despois dunha perda, xa sexa dunha persoa querida, dun empleo, dunha relación, dun obxecto etc. O duelo afecta psicolóxicamente aínda que tamén afecta ao comportamento e ao físico da persoa que o sofre.
É un proceso necesario, universal e doloroso. O importante é integralo na vida e restablecer unha relación con el. Os seres humanos establecemos relacións por natureza. Estamos interactuando constantemente cos que nos rodean: construimos vínculos ao longo da nosa existencia para satisfacer as nosas necesidades de seguridade e protección como nenos, para desenvolver a nosa identidade como adolescentes e para dar e recibir amor como adultos. Este impulso de conectar co exterior xurde desde o momento en que o bebé nace e empeza a relacionarse coa súa nai.
Características
É un proceso, evoluciona a través do tempo e do espazo, é normal (todo o mundo pode ser vítima dunha perda significativa), é dinámico, depende do recoñecemento social, é íntimo (cada persoa lévao de diferente xeito) pero tamén é social xa que conleva rituais culturais e, por último, é activo, a persoa fará as súas propias decisións e otorgaralles significado. A súa función é elaborar o impacto da perda e adaptarse á nova situación.
O duelo normal
O proceso do duelo é un mecanismo para adaptarnos a unha perda, está normalizado xa que as súas características encóntranse presentes na maioría de duelos. No duelo normal hai unhas seis condutas que se presentan con normalidade: malestar somático ou corporal, preocupación pola imaxe do falecido, culpa relacionadas co falecido ou coas circunstancias da morte, reaccións hostiles, incapacidade para actuar normalmente e, por último, moitos pacientes desenvolvían algúns rasgos do falecido na súa propia conduta.
A duración do duelo está entre os dous e os tres anos (si se trata dunha persoa significativa), iníciase desde o momento no que a persona empeza a evidenciar a separación e acaba cuando este a acepta definitivamente. Tamén é normal que algunhas persoas afectadas por un acontecemento traumático poidan, como consecuencia do seu afrontamento, experimentar cambios positivos na súa vida.
Fases do duelo
1ª. Negación emocional
É un xeito de distanciarse emocionalmente do feito, é a ausencia de reaccións que termina cando esta se presenta, debe durar entre 2 semanas e 3 meses.
2ª. Protestaa
Realízase coa xente máis próxima aínda que o enfado real é coa persoa perdida, é moi necesaria expresar esta etapa.
3ª. Tristeza
É onde hai máis perigo de estancarse, prodúcese un illamento do mundo, é necesario ter de 3 a 5 relacións con quen poder falar da perda.
4ª. Aceptación intelectual e global
Comeza a aceptarse o feito, comeza costando falar sobre iso e termina con pequenos comentarios sobre a perda.
5ª. Búsqueda do significado global
Consiste en falar de todo o que implicou esa relación na vida da persoa.
6.ª Elaboración y nuevos apegos
Poderse vincular a outras relacións sen que sexa unha substitución da persoa perdida.
Tipos anormais de duelos
Aparte do duelo normal, existen otros tipos de duelos más complicados ou patolóxicos:
Duelo crónico → de duración excesiva, a persoa non pode pasar páxina.
Duelo retrasado → a reacción emocional non foi suficiente e maniféstase tempo despois, desencadenándose por exemplo, a través de recordos.
Duelo esaxerado → síntomas de intensidade excesiva e incapacitante.
Duelo enmascarado → a persoa non é conscente dos efectos da perda.
Duelo desautorizado → o doente non é socialmente recoñecido e a súa dor non pode ser públicamente expresada.
Neste último caso, a ausencia de contacto de apoio no momento do acontecemento traumático e no tempo posterior é, en si mesma, outra pérdida o trauma acumulativo. 
No hay comentarios:
Publicar un comentario