jueves, 17 de mayo de 2018

SÍNDROME DE ESTOCOLMO (I)

                                 Concepto e xénesis


Concepto.

Co termo Síndrome de Estocolmo  denomínase ao comportamento que presenta un individuo obxecto dun secuestro e que desenvolve actitudes amistosas e sentimentos de simpatía cara aos seus captores. Poderíamos dicir que durante o tempo que dura o secuestro, a vítima va desenvolvendo unha identificación co  agresor. Esta identificación coas crencias, gustos ou pensamentos do agresor é un mecanismo de defensa, baseado no instinto de supervivencia, que se produce a nivel inconsciente.

Non é unha entidade psicopatolóxica recoñecida. Trátase máis ben dun conxunto de síntomas e rasgos de comportamento que aparecen en situacións moi concretas. Por este motivo, se buscamos o síndrome  nos grandes manuais de referencia mundial, usados para diagnosticar as enfermidades mentais, como son o DSM-5 da AMA ou o CIE-10 da OMS, veremos que non aparecen  por ningunha parte. É máis, aínda que se trate dunha corrente minoritaria, existen autores que dudan da existencia deste síndrome.

Que este tipo de comportamentos apareza só nos secuestros dificulta notablemente o seu estudo, debido ao baixo número de casos.

Co paso dos anos o xenuino síndrome de Estocolmo, que aparece en vítimas de secuestro, foise extendendo a outras situacións, que comparten semellanzas e onde existe unha parte que exerce a forza e a violencia ante unha vítima, que acaba desenvolvendo sentimentos de simpatía e afecto cara ao agresor.

Entrarían neste grupo as vítimas de violencia de xénero, o abuso e maltrato na infancia, prisioneiros de campos de concentración, agresións no entorno dunha secta, anciáns institucionalizados en precarias situacións, rehenes…

                                           

Xénese do síndrome de Estocolmo.

En todos estos casos o nexo común é o desenvolvimiento de sentimentos positivos hacia o agresor. Os estudos realizados indican que a aparición de estos lazos afectivos, están condicionados por fortes sentimentos de supervivencia. A vítima séntese ameazada de morte. Al pasar el tiempo y ver que el agresor no acaba con su vida, se siente agradecida hacia él.

Os rasgos máis comúns  son:
  • Atitude positiva e de gratitude cara ao secuestrador.
  • Aparición dunha atitud negativa e de rexeitamento cara á policía e forzas de orde público (libertadores)
  • Unha atitude que poderíamos calificar de “bondadosa” por parte dos captores. Deron un trato correcto ás vítimas e non exerceron unha violencia gratuita ou indiscriminada.
  • En todo momento mantívose o contacto e a relación entre vítima e secuestrador.
  • O secuestro dura bastante tempo, días ou semanas. Isto permite que xurdan os sentimentos positivos cara ao agresor.
  • A aparición de violencia ou maltrato por parte dos agresores é un factor que predispon á NO aparición do síndrome de Estocolmo.

No hay comentarios:

Publicar un comentario